Aquí tedes unha peziña gravada entre as bambalinas do Teatro Colon da Coruña, do noso espectáculo, Menú do Día
Serei a voz do xigante Tom no filme cubano de animación “Meñique” música de Silvio Rodriguez. En breve estrea nos cines. ;D
Bufffff. O soño de calqueira artista, chegar a ver isto. Só grazas Vigo, Cangas, a Arousa…. Ver teatros ateigados, ringleiras na porta… Un soño feito realidade. Nada menos.
Vivir dentro dunha viñeta. Contrastar as miñas historias co traballo visual de Luis. Un experimento. Moito traballiño… Menú do día.
Non o perdades…
Ela estivo ali.
Unha letra escrita a solicitude de Budi, poñéndome na sua pel, dicíndolle a Elena o sentimento, a perplexidade, ás dubidas dun namorado: ¿Que fixen mal? DEIXAME ADIVIÑAR, titulóuna Budi. Unha honra que o gran ANTONIO ZAMBUJO cante as tuas verbas. Privilexios que a vida dá!
Luis fixo isto coa frase gañadora do noso concurso.
Unha peli interesante, un guión ben escrito, un personaxe que me deron…. Xa veredes, xa…
Rodada nos arredores de Barcelona. Escrita e dirixida por un xoven talento galego chamado PEDRO DIAZ. Ollo con este rapaz! Estréase esta semana en Barna e, con sorte, poderémos vela na vindeira edición do Festival de Cans.
Querida Uxia. Que saudades vendo este video, no que aparecemos o Dani mais eu de cando en vez! Qué ben o pasamos no Rio, en Niteroi, por Sao Paulo, en Fortaleza… Que privilexio ser teu amigo!
GUIÓNS DE MOURE/MOURIX CON SANTI ROMAI E GOLDI PASÁMOLO EN GRANDE. CANDO NOS DEIXAN, SOMOS UNHA POTENZIA.
O resultado do concurso das frases das avóas, son os seguintes: Frase gañadora: “O médico quitoume o viño pero non me quitou a chave da bodegha” Enviada por Gil o 5 de Marzo. Leva un DVD EN GALEGO. Parabéns Gil por ter unha avóa tan ghamberra! A gañadora do sorteo de un DVD EN CASTELÁN de entre […]
Un deses traballos que disfrutas moito. Facer unha versión do Just Like an Egipcian das Bangles, galeguizándoa… Grazas Ialma, foi unha gozada vérvola cantar en ANTWERPE e sobre todo, foi marabillosa a resposta do público belga diante dun grupo de cantadeiras galegas. Força meninas!
Carlos visitou a Radio Galega o pasado 30 de xaneiro. Se queredes escoitalo podedes facelo a traves do enlace.
Non puido ser nos Goya co APOSTOLO. Pero chegan os MESTRE MATEO! Apertas!
Un disco no que me honro de colaborar: MARIA FUMAÇA. Un proxecto de música en familia, un LIBRO/CD/DVD que ven de ser elixido mellor disco/libro infantil do ano de Galicia.
Un agasallo de un fenómeno do humor con quen preparo traballo: LUIS DAVILA. Grazas Luis!
E este verán haberá mais iLalelo! por Galicia adiante. iLalelo! HUMOR 2.0 CARLOS BLANCO e BUDIÑO DJ. Aberta contratación para o VERÁN DO 2013.
Por esta deliciosa comedia rodada en Valencia e dirixida por Oscar Bernàcer fun premiado recentemente como MELLOR ACTOR no festival Internacional de Aguilar de Campoó ( Palencia) e no festival POR AMOR AL ARTE en A Coruña. Grazas!
Con esta pinta protagonicei a mini-serie UNA BALA PARA EL REY para ANTENA 3, a historia dun etarra ( ainda vivo) que a piques estivo de matar ao Rey de España en Mallorca. Unha mini-serie que ainda podedes buscar por aí en lugares tipo series yonkis ou algún deses. Paga a pena!
SÓ foi un intento de facer humor sobre o Camiño de Santiago, unha boa disculpa para percorrelo e un agradable percurso a teatro cheo polo país. Tamén coproducido por ABADA. De feito, o deseño de cartaz é de Roberto Grandalf (fillo de Gandalf).
Un dos espectáculos que máis teño disfrutado: HUMOR NEGHRO co gran MANECAS COSTA. Co querido músico de Guiné Bissau percorremos ducias de escenarios, desde Ortigueira a Barcelona, desde Sines a Sanxenxo, xa vimos plateias enteiras en pé, moitas emocións… A marabillosa voz e a viola incomparable, asi como o TAMBOR DE AUGA de Manecas souberon […]