OS MELLORES MONÓLOGOS.

Dificil escoller pero Carlos Blanco decide revisar algúns dos seus mais coñecidos monólogos.
As bravas da Arousa (Queres Kiwis?), A dobraxe porno, Galizara, As grandes frases das nosas avóas e avós…
60 minutos de risas garantizadas, porque Carlos introduce ademáis cada noite elementos de actualidade e improvisación.
Carlos adapta, xoga, fai jazz coa palabra e resulta imprescindible nestes tempos onde a risa é algo máis ca terapéutica.
O mellor do mellor.
Os monólogos escollidos de Carlos Blanco.
30 anos de traxectoria resumidos, barallados, disfrutados cada noite.
Non recomendado a menores de 13 anos.

CARTAZ OS MELLORES MONOLOGOS