Londres estaba xa nas historias de Carlos desde fai moitos anos:

O café Arcade, o carteirista de Trafalgar Square, os lavabos de Harrod’s foron historias contadas nos primeiros tempos e nas primeiras actuacións feitas nos pubs Atlantico e Modus, en Compostela.

Un vilagarcián é por definición “inghlés”, a Royal Navy tivo a sua base en Vilagarcía, onde ainda existe o Royal Navy Cemitery ao pé do camposanto común.

Neste documental aparecen sete dias intensos reflectidos nun traballo feito sen trampa nen cartón,os encontros, as visitas, as sorpresas e ata imaxes “roubadas” en lugares insólitos coa “hat cámera” de Carlos, no interior do seu bombín…

Pero tamén, e de xeito íntegro, neste DVD recóllese unha actuación insólita, sen micro e subido a un banco dunha lavandería. 40 minutos de humor para apenas 20 persoas que alí estiveron, filmados con 5 cámaras e onde se mira íntegramente o disfrute que alí houbo, as risas entre lavadoras (paradas,iso si, por aquelo do balbordo). Para disfrutar.