de-costas

AO VIVO ( de momento…) NO COLÓN, 4 funcións diferentes en 2 idiomas.
Máis de 5 horas de chapa…
Só Fidel Castro, nos seus bos tempos, era quén de filipica semellante…

Boa parte dun repertorio en permanente re-creación.Non todo, eh?
Quedaron fora textos e anécdotas, un bo lote delas, pero inda así pódese considerar un bo resumo do meu traballo nos últimos 10 anos, en todo tipo de garitos, en mil lugares ou mais, en 12 paises ou máis…

E o improviso, o jazz, houbo jazz no Colón.
E a luz do Dani Juncal.
E as risas, gargalladas de verdade, tal como foron, tal cal se produciron…
Así foi e así quedou, con erros, con caida de vaso, coa petrina aberta un bo anaco…

Qué lle queres…!
Oxálá o disfrutedes.

AO VIVO ( de momento..) NO COLÓN DA CORUÑA.
Grazas a vós. Para vós vai. Como cada noite.
Pero lembrade, SEMPRE, SEMPRE, É MELLOR O DIRECTO…!!!