Cómo definir o que un fai…
Contar, actuar, sentir a respiración do público, as risas, o silenzo…
Ver teatros cheos, coa espectativa do disfrute, sair, gozar.

Se vísedes o guap@s que estades cando rídes…
O ben que vos senta na cara…

Cara adiante, a por novas propostas, será por ideas.
Mentres non vos cansedes de min,aí estaremos.
Vémonos calquera noite nun bar, nun teatro, na vida.
Saúdame sempre!

Carlos Blanco

Como actor

Traballóu en filmes como “Heroina” de Gerardo Herrero, “Sé quien eres” de Patricia Ferreira
ou “Cargo” de Clive Gordon. Tivo un pequeno papel en “VOLVER” de Pedro Almodóvar, entre outros traballos cinematográficos.

En Televisión, múltiples series, protagonista de “Una bala para el rey” dirigida por Pablo Barrera para Antena 3, co-protagonizóu a histórica serie “Mareas vivas” producida por Antón Reixa para TVG, e traballóu noutras series como “Lobos”, “Os atlánticos”, “El comisario”, “Hospital Real”…

Actualmente forma parte do elenco da serie “Fariña”, producida por Bambú para Antena 3. De próxima emisión.
Ten presentado múltiples programas e galas na TVG.

Premios

Premiado en múltiples festivais (Arjona, Alfas Del Pí, Cabra, Palencia, Girona…) polo seu traballo na curtametraxe Temporada 92/93 de Alejandro Marzoa.
Premio de interpretación masculina no Festival de Cans (O Porriño) polo seu traballo na curta “Mal de Sangre” de Pedro Diaz.

Tamén múltiples premios, nacionais e internacionais polo traballo na curta “Desayuno con diadema” dirixida por Oscar Bernárcer.
Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario por “Heroína” de Gerardo Herrero.

Premio de Honra no Festival de Teatro do Carballiño pola súa traxectoria.

Traballóu na radio máis de 15 anos. En Radio Galicia (SER), Ondas Galicia e a Radio Galega.
Premio Galicia de Xornalismo polo seu traballo no programa “Galicia en Goles” dirixido por Xesús Lodeiro.

Como autor e director

Creador de múltiples espectáculos como “Directamente Paco I e II”, “Humor Neghro”
(Colaborando co músico guineense Manecas Costa), Dillei, Ordem e progreso, iLalelo! (Colaborando co músico Budiño) ou Menú do Día, actualmente en cartel, baténdo records de asistencia de público en Galicia, un espectáculo feito en colaboración co debuxante Luis Davila.
Autor de recoñecidos e celebrados monólogos humorísticos e director e co-autor do espectáculo “O país da comedia”