NO SOFÁ

GUIÓNS DE MOURE/MOURIX

CON SANTI ROMAI E GOLDI

 

PASÁMOLO EN GRANDE.

CANDO NOS DEIXAN, SOMOS UNHA POTENZIA.

Gañadores do concurso

O resultado do concurso das frases das avóas, son os seguintes:
  • Frase gañadora: “O médico quitoume o viño pero non me quitou a chave da bodegha”
Enviada por Gil o 5 de Marzo. Leva un DVD EN GALEGO.
Parabéns Gil por ter unha avóa tan ghamberra!
  • A gañadora do sorteo de un DVD EN CASTELÁN de entre tod@s @s participantes foi Carolina que nos envioú a frase:
“Non abaixes a cabeza nin poñas os xeonllos no chan mais que por tres cousas:
A terra, que se a coidas darache froitos, ante o amor e ante as verbas perdón, grazas e por favor…” 

  • Leva tamén un accesit premiado cun DVD EN GALEGO a colección de frases e anécdotas deliciosas enviadas por Vero.
Grazas.
O xurado reunido en OVIEDO ( que é, como sabedes, moi bo sitio para estas cousas) agradece e valora as moitas e boas colaboracións recibidas. Non foi doado.
Apertas e GRAZAS!
VIVAN AS AVÓAS!

ialma

Un deses traballos que disfrutas moito.
Facer unha versión do Just Like an Egipcian das Bangles, galeguizándoa…
Grazas Ialma, foi unha gozada vérvola cantar en ANTWERPE e sobre todo, foi marabillosa a resposta do público belga diante dun grupo de cantadeiras galegas.
Força meninas!

O apostolo

Non puido ser nos Goya co APOSTOLO.
Pero chegan os MESTRE MATEO!
Apertas!

Maria Fumaça

Un disco no que me honro de colaborar: MARIA FUMAÇA.
Un proxecto de música en familia, un LIBRO/CD/DVD que ven de ser elixido
mellor disco/libro infantil do ano de Galicia.

Luis Davila

Un agasallo de un fenómeno do humor con quen preparo traballo: LUIS DAVILA.
Grazas Luis!

Desayuno con diadema.

Por esta deliciosa comedia rodada en Valencia e dirixida por Oscar Bernàcer fun premiado recentemente como MELLOR ACTOR no festival Internacional de Aguilar de Campoó ( Palencia) e no festival POR AMOR AL ARTE en A Coruña.

Grazas!

“Una bala para el rey”

Con esta pinta protagonicei a mini-serie UNA BALA PARA EL REY para ANTENA 3, a historia dun etarra ( ainda vivo) que a piques estivo de matar ao Rey de España en Mallorca.
Unha mini-serie que ainda podedes buscar por aí en lugares tipo series yonkis ou algún deses.
Paga a pena!